4.12.08

As panxoliñas galegas: cantars de Nadal en galleg


Cantem al Nadal, també en galleg, amb les panxoliñas, cantares de nadal i vilancicos. El folklore cantat de Galizia és ben ric, també per a celebrar aquestes properes festes nadalenques. Us fiquem algunes d'aquestes panxoliñas.


A Xesús meniño
(Fermín Bouza-Brey)
¡Que escachapedras, encol
da palla, está meu Diamante!
¡Canto lle presta ter diante
meu corazón pra lenzol...!
¡Encétame, Meigo Sol,
cos teus olliños coitelos;
fíreme, que quero telos
chantados no fondo peito,
e, pra sempre, ao meu colleito,
voltos pra min, tamén velos!
***

Porque aquí non é ben ruar
(panxoliña popular)
Ïmonos xa para aldea
porque non é ben ruar,
porque Xesusiño dorme
e podémolo espertar
***
Cantares
(Celso Emilio Ferreiro)
Que ninguén queira ensinarme
onde hei de arrincal-a frol,
cómo hei de bebel-o viño,
cando hei de tomal-o sol
O que sei seino de abondo
dende o comenzo até o fin.
Sei o día, sei a noite,
sei todo aquelo que vin.
Na vella sabiduría
do corazón aprendín
que a morte que ha de levarme
lévoa eu dentro de min.
***

Panxoliña da dúbida de San Xosé
(Manuel María)
A Virxe lava que lava.
A Virxe fía que fía.
San Xosé barbas de loito.
San Xosé ollada fría.
A Virxe sorrisa de alba.
San Xosé ollada fría.
A Virxe soña tenruras
e luas pro seu Neniño.
- Non sei como puido ser...
¿Ti non me mintes, María...?
AVirxe cala. Non sabe
que verba respostaría.
A Virxe sorrisa crara.
San Xosé ollada fría.
Un anxo baixa do ceio
pra decirlle a San Xosé:
– Non temas.
Como a azucea é María.
Colleu San Xosé o caxado.
Porse ó camiño quería.
I o caxado froleceu
en fermosísimos lilios.
A Virxe sorrisa de alba.
San Xosé ollada de lus.
A Virxe e mais San Xosé
soñan co neno Xesús...
***
Belén, ano cero
Xuntéi o vento frío coa auga-neve,
xuntéi a noite negra coa xiada,
e vin un neno espido nun pesebre.
Qué misterio máis fondo, qué aventura:
O neno non quería
gozar de outros irmáus, nin de outra axuda.
Por algo estaba alí, por algo estaba
tan lonxe da riqueza gasalleira,
tan perto da probeza desolada.
Por algo os pastoriños se achegaron.
E si o vento pasou tan paseniño
cantando soavemente, foi por algo.
Por algo era María unha artesán,
cando podía sere si quixera,
primeira dama, esposa principal.
Por algo era Xosé un carpinteiro
de fortes, rexas máus encallecidas
na garlopa, na trencha e no martelo
que ninguén
sabe ren
da ialma de cada quén.
Xuntéi tódolos orfos nun só berce,
xuntéi as inxusticias cos aldraxes
e púxenos de ofrenda nun pesebre.
¿Quén foi o que roubou o meu presente?
***

Panxoliña popular
Nun pendello que hai xunto a un camiño,
unha noite de xiada naceu, un meniño pequeniño,
que parece do Ceo caeu...
¡Imos rapaces, cara Belén,
pói-lo Mesías din que vos é,
.... corramos todos bicarlle o pé...!